CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Marta González (PPdeG): "Estamos preocupados pola aventura socialista con socios pouco recomendables"

07/01/2020 - 08:36 h

A deputada Marta González amosouse moi "preocupada" no Galicia por diante pola nova etapa que se vai abrir hoxe, "cuns socios pouco recomendables" para o garantir o sistema democrático actual.

"Parece incrible que teñamos que refrendar o noso compromiso con estes piares do sistema democrático en vez de estar mirando cara adiante e tentar solucionar os problemas do noso país. Pero a situación é a que é".

"Os socios do Partido Socialista teñen deixado ben claro no debate do outro día o seu desprezo á monarquía constitucional, ao sistema democrático e a vontade de acabar co que eles chaman ese réxime do 78 para implantar non sabemos moi ben o que, pero sexa o que sexa nós estamos moi preocupados".

"O Partido Socialista abandona a senda constitucional e vai á aventura con socios pouco recomendables".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí