CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Antón Gómez-Reino (GeC-UP): "O Goberno vai saír adiante para solucionar os problemas dos galegos"

07/01/2020 - 08:14 h

O deputado de En Común-Unidas Podemos Antón Gómez Reino explicou no 'Galicia por diante' as medidas propostas polo seu grupo que deberá aplicar o Goberno de Sánchez: "No acordo programático hai unha chea de demandas de ámbito xeral do conxunto do Estado: subir o salario mínimo, as pensíóns..." e, no caso de Galicia, "cuestións simbólicas como a devolución do pazo de Meirás ou o cumprimento do convenio da OIT que vai afectar ás persoas que van ao mar", ou "o estatuto das empresas electrointensivas".

Gómez-Reino fixo tamén mención ás ameazas que están a recibir diversos deputados para que non apoien hoxe a Sánchez, que cualificou de situación de "enorme gravidade". Sostivo que "a maioría é clara e está constituída e feita" e considerou que "a dereita non está aceptando as regras democráticas". Con todo, amosouse convencido de que a investidura "vai saír adiante e o Goberno vai solucionar os problemas das galegas e dos galegos".

Con respecto ao anunciado nomeamento de Yolanda Díaz como ministra, Gómez-Reino cualificouno de "magnífica nova", pero que a última palabra e quen debe confirmalo é "Pedro Sánchez unha vez sexa investido".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia