CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Andrés Paz Ares, sobre o coronavirus: "Hai que lanzar unha mensaxe de tranquilidade. Estamos plenamente preparados para calquera caso"

05/02/2020 - 08:25 h

O director xeral de Saúde Pública da Xunta enviou unha mensaxe de tranquilidade á poboación ante a posible aparición dalgún caso de coronavirus.

Andrés Paz Ares asegura que "estamos plenamente preparados. Estase demostrando que o sistema de vixilancia de saúde pública está funcionando perfectamente. Os centros de atención primaria e hospitalaria teñen capacidade dabondo para cumprir os protocolos de actuación".

Paz Ares di que é certo que hai moita desinformación e iso é o que fai realmente dano. Por iso lembra os dous requisitos imprescindibles que teñen que darse para preocuparse por unha posible infección: ter síntomas de infección respiratoria "que ás veces poden asemellarse aos da gripe" e, ao mesmo tempo, que se estivese na provincia chinesa de Huwei "nos 14 días anteriores á aparición dos síntomas" ou ben en contacto estreito cun enfermo diagnosticado ou que estea sendo examinado como sospeitoso. 

O director xeral apuntou tamén que a coordinación entre o Ministerio e as comunidades autónomas está funcionando "moi ben" e destaca "a boa sintonía e a coordinación" amosada onte no Consello Interterritorial de Saúde.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia