CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

María Ramallo, deputada do PP por Pontevedra: "Ten que haber un goberno útil"

03/12/2019 - 08:22 h

A deputada do PP por Pontevedra María Ramallo afirma que o máis importante desta lexislatura é que haxa un goberno útil, xa que segundo di, non se sabe como acabará, froito "da estratexia de Sánchez".

"Se Pedro Sánchez volve ao centro a buscar consensos, a buscar determinados apoios e puntos de encontro, que sería o desexable, polo menos tanto co Partido Popular como con Ciudadanos, penso sen ningunha dúbida que haberá algunha alternativa. O que non se pode vir é cunha mochila bastante repleta de pactos e acordos cos que o Partido Popular efectivamente non está polo labor".

"Evidentemente para Galicia, hai determinadas cuestións que son prioritarias: proritarias en materia de infraestruturas, prioritarias en materia de financiamento... É dicir, ingresos que hai que transferir dos impostos recadados en Galicia e que efectivamente impiden prestar con serias garantías determinados servizos públicos importantísimos".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí