Galicia por Diante
Enrique García, portavoz da OCU: "Pedimos que se permita cancelar as viaxes de forma xusta e equilibrada, devolvendo as cantidades pagadas"
O voceiro da Organización de Consumidores e Usuarios, Enrique García,insiste en reclamar flexibilidade a compañías áereas e axencias ante a cancelación de viaxes a zonas de risco.
Entenden na OCU que os viaxeiros teñen dereito a anulalas súas viaxes, cando as autoridades sanitarias detectan evidentes zonas de contaxio.O temor ó coronavirus sería unha ‘causa de forma maior’. Por iso deberían devolve-las cantidades anticipadas.
En declaracións ó Galicia por Diante, Enrique García, asegurou que algunhas aeroliñas e axencias xa están permitindo cancelacións (caso de Iberia ou Air Europa) pero con outras, como Ryanair, é preciso acabar nos tribunais, porque non aceptan as súas suspensións.
De momento desaconséllase viaxar ás rexións italianas de Lombardía,Véneto e Emilia Romagna, así como a China, Xapón e Corea.