CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Uxío Benítez: "Ábrese a fronteira física con Portugal, pero a psicolóxica vai levar máis tempo"

01/07/2020 - 08:09 h

No día en que volve abrir a fronteira con Portugal, o presidente do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Miño, Uxío Benítez, reclama compensacións económicas para os traballadores e as empresas que operan na raia entre Galicia e Portugal.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Uxío Benítez criticou a decisión de manter pechada a fronteira durante tres meses polos importantes prexuízos económicos que causou nas comarcas limítrofes do Miño. Asegura que aínda que hoxe se abra a fronteira física, a fronteira psicolóxica tardará máis tempo en levantarse.

Uxío Benítez propón que se cre unha tarxeta de cidadán transfronteirizo que identifique as persoas que fan vida nas dúas beiras do Miño.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia