CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

María Barcia: "Para gozar dos produtos da horta hai que fertilizalos e botar esterco"

31/05/2020 - 18:23 h

Nestas últimas semanas coñecemos o choque entre o mundo das persoas do rural e o urbano. Todo a partir do episodio que tivo lugar en Chancelas (Poio): unha familia urbanita, con segunda residencia en Chancelas, non atura certos aspectos da vida no rural como é o cantar dos galos ou o cheiros molestos.

Maria Barcia relata no seu muro de Facebook este episodio que tivo gran repercusión. Con ela falamos sobre este peculiar e anecdótico episodio: "Todo aconteceu cando uns veciños decidiron botar esterco ao serán para estendelo á mañá seguinte. Fixérono así para molestar o menos posible. O sorprendente foi cando apareceu por alí outro veciño urbanita queixándose e con actitude ameazante. Iso foi o que máis nos molestou, a actitude".

María Barcia recoñece: "Temos as nosas galiñas, os nosos porcos, e traen os seus inconvenientes. Pero agora que estamos dando valor ao rural, aos produtos da terra e da horta, se se queren, hai que fertilizalos. Nós temos que seguir coa nosa forma de vida".