CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alberto López: "O 'contactless' é rápido, eficaz e hixiénico"

31/05/2020 - 19:27 h

O confinamento ao que nos vimos obrigados durante os meses pasados mudou moitos dos nosos hábitos. A tecnificación das nosas vidas foi un dos cambios máis notables. E, dentro dese proceso, imos facer foco nos sistemas de pago contactless, "sen contacto", sería a tradución literal. Este método de pago xa supón o  66 % das transaccións en España. 

Carlos Reboreda conversou con Alberto López, director de Ciberseguridade e Solucions Dixitais de Mastercard.

"O contactless leva xa anos. Neste tempo colleu moito éxito porque amosou ser un método rápido, eficaz e, sobre todo, moi importante, hixiénico".

López asegurou: "España é un dos líderes en Europa en número de datáfonos de este tipo. Case todos os comercios teñen esa tecnoloxía e foi máis doada a súa implantación a nivel nacional".

Os seguintes métodos de pago que avanzan tecnoloxicamente son reloxos e dispositivos móbiles dixitais.