CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Francisco Vázquez: "De todos os dirixentes políticos que estamos sufrindo en España, o único que ten sentido común é Feijóo"

30/11/2019 - 08:22 h

Nunha entrevista na Radio Galega, o exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, reclama un acordo de estado entre os partidos constitucionalistas que evite que a investidura dependa das forzas independentistas. Nese sentido, valora a proposta de Alberto Núñez Feijoo a prol dun goberno de concentración e afirma que “de todos os dirixentes políticos que estamos sufrindo en España, o único que ten sentido común e está facendo propostas constructivas é Alberto Núñez Feijoo”.

Vazquez di que o actual PSOE “ten as siglas pero non ten nada que ver” co PSOE de Felipe González e Alfonso Guerra. E di que el pensa que “hai un pacto soterrado xa de hai meses do PSOE con ERC a través do PSC”.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí