CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Xosé Aguilar: "A Lucía Bosé non se lle recoñece a importancia que tivo na súa traxectoria"

29/03/2020 - 17:40 h

O escritor e xornalista galego Xosé Aguilar falou no Galicia por diante fin de semana da figura da súa compañeira e amiga Lucía Bosé, que falecía esta mesma semana, tras sufrir a COVID-19.

Di Aguilar: "O certo é que a súa morte está pasando mais desapercibida por estas circunstancias que estamos vivindo. Creo que, inxustamente, non se lle recoñece toda a traxectoria que tivo no cine italiano e logo aqui, en España. Foi un mito".

Aguilar tivo palabras emotivas para a que foi a súa amiga durante moitos anos: "O certo é que traballei con ela durante anos, pero marcha, máis que unha compañeira, unha amiga".