CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Xose Luis Blanco Campaña: "Trinta e cinco anos da nosa radio deixaron claro a necesidade que tiña Galicia dela"

29/03/2020 - 17:15 h

Esta tarde, no Galicia por diante fin de semana, acompañounos Xose Luis Blanco Campaña, fundador e primeiro director da Radio Galega. Con él falamos destes trinta e cinco anos que ven de celebrar  a emisora pública galega "Todo este tempo ven a amosar a necesidade que tiña a nosa terra dunha radio coma ésta, con grandes profesionais, os de antes e os de agora".

Blanco Campaña valorou a importancia da radio pública: "É a nosa radio, dirixida ao noso pobo. É un ben necesario, e nestes días estamos a velo. Os noso dirixentes diríxense á poboación a través dela. É algo que outros territorios non poden facer".

Xosé Luis tamén vaticinou un aumento de audiencia no futuro: "Esta situación que estamos a vivir está a amosar a importancia e creo que se vai ver reflexado nas audiencias. Pasounos a nós coa guerra do Golfo".