CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Podemos aforrar na conta da luz? A enerxía verde avanza con paso firme en Galicia

24/01/2021 - 11:04 h

Carlos Campos, responsable da area técnica e de obra de Pansogal, empresa galega de instalación de enerxía verde, ve na xeotermia un sistema ideal para Galicia.

A xeotermia, indicada para vivendas unifamiliares ou novas edificacións de pisos, consiste en furados de ata 150 metros no chan, que captan a calor na profundidade do terreo.

Este tipo de enerxía verde utilízase en toda Galicia, dándose o dato curioso de que Ourense, pola súa característica termal, sería un lugar idóneo para este tipo de instalacións, porén é a provincia con menos instalacións xeotérmicas.