CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Por que, como e cando muta o coronavirus? Falamos con Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía da USC

24/01/2021 - 09:05 h

Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, aclara que o coronavirus muta ao azar. As cepas aparecen, transmítense máis ou menos e desaparecen.

Na segunda onga, no verán de 2020, unha mutación do SARS-CoV-2 estendeuse desde España por Europa, pasando a ser a variante dominante.

O profesor López Romalde participa nun proxecto para a detección do coronavirus en augas residuais, que aínda está en fase de estudo, pero que pronto nos permitirá saber que clase de coronavirus hai en cada localidade, grazas á analítica das augas.