CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Mira que non me fagas dano", lle dixo de broma unha muller de 100 anos á enfermeira que a vacinou

23/01/2021 - 11:33 h

O equipo de vacinación 10 e 11 da área sanitaria de Ourense, administraron a segunda dose da vacina contra a Covid-19 nas residencias da Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoan de Río. As enfermeiras foron recibidas con moita euforia.

As persoas que recibiron esta segunda dose, xa poden considerarse inmunes ao coronavirus.

Mentres, en Ourense capital, o equipo de cribado do Sergas leva a cabo as probas PCR e de antíxenos, que previamente realizaron en Barbadás e Ribadavia. Con estas analíticas, preténdese detectar persoas positivas asintomáticas, que son, por así dicilo, contaxiadores invisibles.