CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'De viaxe' a Hannover con Juan Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

23/01/2021 - 10:26 h

Juan Blanco contounos unha viaxe en autobús que fixo de Ourense a Hannover no ano 1988.

  • "Esta viaxe está baseada nunha relación sentimental cunha moza de aló, Gabriela, que durou tres ou catro anos"
  • "No ano 88 había moita emigración ao centro de Europa e o autobús ía deixándoos nas distintas cidades polas que pasaba"
  • "Foron 38 horas moi animadas en autobús, sobre todo cando en Valladolid subía a xente do sur, de Xaén, de Granada... Todos cargados de turrón, mesmo para vender aló porque dicían que aos alemáns lles gustaba moito"
  • "En Hannover no Nadal comen moito mazapán e sobre todo viño tinto quente cun pouquiño de canela"
  • "Nestas cidades do norte, como se fai noite axiña, tes que aproveitar ben o día. Quedas con xente para almorzar, ás oito ou ás sete e media da mañá, quedas coa xente."