CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O doutor Juanatey, en 'Corazón contento': "Todo o sistema sanitario de Galicia debería estar implicado na docencia da medicina"

20/09/2020 - 10:05 h

Na súa sección Corazón aberto, o doutor e colaborador da Radio Galega, Xosé Ramón González Juanatey, salientou que, ante o inicio do novo curso universitario, "non se vai poder facer o que se facía" antes da pandemia. Pero subliñou: "O que non quere dicir que non sexa unha docencia de calidade".

Por outra parte, Juanatey sostivo que o fundamental é garantir unha docencia práctica nos futuros profesionais, xa que van ser os que nos atendan no ámbito sanitario. Ademais, o doutor apuntou "todo o sistema sanitario de Galicia debería estar implicado na docencia da medicina".