CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Óscar Gago, técnico de emerxencias sanitarias: "Só o fixemos ben cando nos confinaron na casa"

09/01/2021 - 11:05 h

O relato de Óscar, contaxiado por covid, non nos deixou indiferentes no seu paso polo Galicia por diante. Este galego da Pobra do Caramiñal, que vive e traballa en Madrid desde hai 14 anos, acabou inesperadamente no hospital, onde rematou de escribir o libro Detrás de la sirena. Mi vida en la ambulancia. Un conxunto de relatos a través dos que quere reivindicar a importancia do seu traballo desmontando tópicos que nada tñen que ver coa realidade.

 

  • "Non somos meros transportistas. Estamos preparados para atender calquera urxencia sanitaria. Somos as primeiras persoas coas que se atopa un paciente, nun tráfico, nun domicilio ou en calquera outra situación de necesidade urxente"

Óscar é testemuña polo seu traballo de situacións moi complicadas derivadas da pandemia e apela á responsabilidade individual, e á prudencia para sair desta situación de gravidade: "Teño familiares e amigos contaxiados por covid. Pásoo mal cando chego á casa. Sufro cando temos un aviso complidado e son incapaz de illarme emocionalmente".