CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antón Acevedo, director xeral de Atención Sociosanitaria: "O mércores a maioría de residencias de Galicia poderían estar xa vacinadas"

09/01/2021 - 09:42 h

Medidas como a prohibición das saídas dos residentes ou limitar as visitas de familares a unha única persoa de referencia unha vez á semana son, segundo Política Social, necesarias para blindar as residencias mentres no se complete a vacinación.

Unha campaña, que segundo o director xeral de Asistencia Integral, vai a bo ritmo e cuxa primeira fase de inmunización coa primeira dose está previso rematar a semana que vén. O 18 administraríaselles a segunda dose aos primeiros vacinados. 

Se todo vai segundo o previsto, a idea é rematar a vacinación deste colectivo vulnerable a finais de xaneiro. E, a partir de aí, relaxar gradualmente as medidas aplicadas dende hoxe.