CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

José Manuel Flores, xerente do Sergas: "O martes seguramente se apliquen medidas máis xerais e máis fáciles de cumprir"

09/01/2021 - 09:11 h

Limitar ata as seis da tarde a apertura da hostalaría no conxunto de Galicia é unha das medidas que estará sobre a mesa do comité clínico o vindeiro martes. 

O xerente do Sergas admitíao na Radio Galega, ao tempo que abría a porta a que as restricións, ante a denominada fatiga pandémica, sexan xerais e máis claras. Segundo José Manuel Flores, tras medidas cirúrxicas, ad hoc en función de situacións concretas, quizais haxa que facer unha viraxe e apostar por menos medidas e máis xerais. O obxectivo: que sexan máis sinxelas de cumprir e, polo tanto, efectivas contra a pandemia.