CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antón Gómez-Reino: "Sería unha magnífica noticia que Yolanda Díaz fose ministra"

08/12/2019 - 08:17 h

Antón Gómez-Reino dixo este domingo nunha entrevista na Radio Galega que "sería unha magnífica noticia que Yolanda Díaz fose ministra" e engade que "sería unha persoa fundamental para defender as maiorías sociais do conxunto do Estado e os traballadores e traballadoras de Galicia". Apela á cautela ao matizar que "imos ver como acaban as negociacións. Somos moi coidadosos e moi discretos". En todo caso, salienta que "estamos pechando o programa de goberno co Partido Socialista e esperamos que poidamos ir ao Nadal con Goberno".

O líder de Podemos en Galicia mantén as portas abertas a Anova de cara ás próximas eleccións, pero di que respecta o seu proceso interno. Gómez-Reino asegura que os ex-alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol "son persoas moi valiosas coas que hai que contar para o proceso que imos falar e dialogar".