CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Jeanne Picard, portavoz de Stop Accidentes: "Precisamos a lei cando teriamos que ser conscientes do risco?"

02/11/2019 - 08:46 h

A portavoz de Stop Accidentes, Jeanne Picard, salientou no Galicia por diante a importancia de ser responsable nas estradas e respectar os sinais, máis aínda nestas datas con maior afluencia de vehículos e malas condicións meteorolóxicas.

Tamén considerou positiva a redución de mortos nas estradas convencionais tras baixar este ano o límite de 100 a 90 quilómetros por hora, pero cre que, tras as eleccións, deben establecerse leis que regulen novos aspectos do tráfico como o uso dos patinetes eléctricos.

"Precisamos a lei. Precisamos que nos obriguen... cando teriamos que ser conscientes do risco. E é que, como o Goberno está en funcións, hai moitas leis pendentes como a de regular os patinetes, por exemplo".

Picard apelou á responsabilidade de condutores para que estean atentos ós sinais e non se distraian co móbil, pero tamén lembrou os peóns, que deben ir ben visibles co chaleco reflector.

"Hai moita xente maior andando e paseando polos bordes das estradas. Son estradas moito máis complicadas, con curvas a veces inesperadas e é indispensable reducir a velocidade".

Nestes días de maior afluencia de tráfico, a Garda Civil lembra que é obrigatorio poñer as luces e reducir a velocidade en núcleos de poboación e vías onde poida haber movemento de peóns. Desde Stop Accidentes apelan ao sentido común para que os condutores non usen o móbil durante os traxectos e respecten as normas.

"Debemos ser responsables. E non somos capaces de atender a todos mentres conducimos. Temos que atender á sinalización, á estrada, ao que nos rodea... Non a unha chamada que nos di vai comprar o pan".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí