CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Farage presiona a Boris Johnson polo acordo do 'brexit'

02/11/2019 - 08:21 h

No Reino Unido, os líderes políticos van tomando posicións cara ás vindeiras eleccións. O do Partido do Brexit, Niguel Farage, ameaza con presentarse en todas as circunscricións se Boris Johnson non rompe o seu acordo con Bruxelas para saír da Unión Europea.

Nunha entrevista na Radio Galega, o profesor e analista José Manuel Estévez-Saa subliñaba a difícil posición do primeiro ministro conservador.

Nesta entrevista Éstevez-Saa falaba tamén da situación da Arxentina. Un país que abre unha nova etapa coa chegada á presidencia de Alberto Fernández, que terá como número 2 a ex-mandataria Cristina Fernández. Estévez-Saa detallou os grandes retos do novo Executivo, con medidas orientadas a frear a fuga de capitais, renegociar a débeda ou loitar contra o crecemento da inflación e da probreza.