CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Falamos de cortar co tabaco co doutor Agustín Montes, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC

02/01/2021 - 09:02 h

Deixar de fumar pode ser un gran propósito para este 2021. O 2 de xaneiro fixo 10 anos da lei do tabaco -reforma da de 2005-, que trouxo grandes polémicas, pero grandes avances na saúde da cidadanía.

Falamos de cortar co tabaco co doutor Agustín Montes, profesor titular da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela

Os maiores beneficiados desta lei son os non fumadores, como fumadores pasivos. Ao tempo, tamén a infancia aprendeu nos colexios que o tabaco só trae problemas de saúde.

Nos últimos meses percibiuse un aumento de consumo de medicamentos que axudan a loitar contra a síndrome de abstinencia por deixar de fumar. Segundo o doutor Montes, o habitual é deixar de fumar tras varios intentos. Non hai que desesperar.