CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Renato Tapia: "Acabo contrato o 30 de xuño. Xa estou cos trámites do pasaporte comunitario"

31/05/2020 - 20:04 h

O diario As dá por feita a chegada do peruano Renato Tapia ao Celta para a vindeira temporada. O centrocampista de 25 anos quedará libre no Feyenoord holandés o vindeiro 30 de xuño.

No Galicia en goles escoitamos as declaracións de Tapia a un medio do seu país e analizamos no Faladoiro a súa posible chegada.

Di Renato: "O Feyenoord xa me comunicou que non conta conmigo. O tema das ofertas está en mans dos meus axentes. Eu quero que se resolva pronto, nas vindeiras semanas. É certo que estou xa en trámites para solicitar o pasaporte comunitario. En Holanda non hai límite, pero noutras ligas poderosas ter esa dobre nacionalidade abre portas e quero telo canto antes".