Galicia en Goles
Julio Delgado, adestrador do Burela FS: "Estou moi esperanzado en poder conseguir o título de liga"
O adestrador do equipo feminino do Burela Fútbol Sala pasou polo Galicia en goles para analizar a situación do seu equipo na última xornada de liga co título en xogo.
O conxunto da mariña non depende de si mesmo, necesita unha vitoria e un picazo do Futsi no derbi fronte ao Alcorcón.
Malia a situación, o adestrador amosouse esperanzado en poder gañar a liga, posto que o partido de Alcorcón será moi duro e complicado para o Futsi.