CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Adi Iglesias: "#MiCarreraLiberty ten como obxectivo fomentar a visibilidade das promesas paralímpicas"

30/05/2020 - 17:46 h

A crise da Covid-19 provocou a suspensión da carreira solidaria do Grupo Liberty para axudar os deportistas paralímpicos. Mañá, domingo, terá lugar unha versión virtual, para aqueles que se queiran apuntar.

A paralímpica galega Adiaratou Iglesias é unha das súas embaixadoras: "#MiCarreraLiberty ten como obxectivo fomentar a visibilidade das promesas paralímpicas. Vaise celebrar cando pase todo isto, pero agora faise para que quen queira se apunte, poida donar dende un euro ata o que queira e poidamo axudar aos mozos paralímpicos".

Adiaratou explicou o funcionamento da carreira: "O obxectivo é poñer unha foto con #MiCarreraLiberty para dar visibilidade polas redes sociais. Non tes que correr, pódese pasear tamén. Agardemos que haxa visibilidade. Estamos axudando ás promesas a que confíen en que os axudaremos a ter traxectorias solventes".