CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Xesús González: "Non descarto optar aos XXOO de Toquio"

28/03/2020 - 18:16 h

Galicia en Goles segue falando con deportistas galegos que nos están a contar cómo viven o illamento nas súas casas. Hoxe a quenda foi para o veterano remeiro Xesús González, olímpico en Atenas.

O tudense falou sobre a súa preparación, xa con 45 anos: "Teño sorte de vivir nunha casa, ter un remo ergonómico e poder adestrar moito, con fortes series. Tamén fago rodillo. Aproveito cando non teño que traballar para darlle duro ao corpo sen mallalo".

González, a pesar da súa veteranía, non descarta poder estar no verán do 2021 en Toquio.

"O certo é que creo que podería estar. Vexo os test que están facendo os españois clasificados, e non estou moi lonxe deles. Teño que seguir traballando e tentarei estar. O certo é que a decisión foi difícil, pero era a máis correcta. Hai países que están, estamos, nunha mala situación e hai que entendelo".