CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Francisco Blázquez (pres. da RFEB): "Se non pode retomarse, a Liga Asobal podería ter en conta a primeira volta"

27/03/2020 - 21:03 h

O presidente da Real Federación Española de Balonman Francisco Blázquez pasou onte polo Galicia en Goles para falar das posibles situación que se presentan no futuro.

"Tivemos unha reunión varias federacións e a postura era similar. Non podemos obviar que se desputou bastante competición. Hai dous escenarios: finalización ata no momento do parón ou se xogamos algunhas xornadas máis, ou se non se pode, está claro que teriamos ascensos, descensos e campión de Liga".

Blázquez reitera: "Por desgraza, hai dous equipos que están agora en descenso, que precisamente son os que estaban ao final da primeira volta. Igual que o campión. O que se marca é  a regularidade. Sei que hai voces que din que a Liga debería ser anulada, pero iso é imposible, levamos máis da metade desputada".

Se se confirma esta postura, O Cangas descendería de categoría, e o Cisne ascendería á Liga Asobal.