CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fernando Vázquez "Non empatamos pola arbitraxe, pero as sensacións foron raras durante todo o partido"

14/02/2020 - 23:14 h

O Deportivo da Coruña sumou un empate a dous tantos fronte o Xirona e rachou coa xeira de vitorias consecutivas.

 

Dous tantos de Stuani no último cuarto de hora igualaron un partido que se lles puxo de cara oas deportivistas cos goles de Mollejo e Bergantiños. A actuación arbitral foi moi discutida, pero Fernando Vázquez non se quixo escudar nesas decisións polémicas "Non empatamos polo árbitro, pero é certo que durante todo o partido as sensacións eran raras e extrañas. Non nos pitaban faltas, hai cartóns... O penalti non sei se é ou non, pero é evitable"

 

O técnico de Castrofeito avaliou o partido "Foi un partido moi disputado. Estamos amolados polo empate porque dabámolo por gañado. hai que seguir"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí