CRTVG

Buscar

Destacados

Carol González: "O primeiro día da apertura das praias botáronme e non puiden adestrarme"

31/05/2020 - 16:00 h

Hoxe pasa polo Galicia en goles Carol González, a mellor xogadora do mundo de fútbol praia. A viguesa, campioa mundial con España, busca adestrarse nos areais olívicos mentras agarda coñecer algo máis do seu futuro.

"Co documento de deportista de alto rendemento, en teoría, eu podo adestrar na praia. Pero o primeiro día que a xente puido ir, a policía veu cara a nós e botounos. Non quixemos problemas e marchamos para non discutir. Non me gusta montar escenas. Marchamos pensando en volver outro día con menos afluencia e xa está".

Afirma Carol: "Eu son galega e vou tirar para a miña terra. Viva no sur ou en Hawai, as mellores praias son as nosas, coas boas vistas que temos, o clima...., a mellor calidade é sempre a galega. En Vigo, para adestrarme, gústanme Samil e O Vao, son areas diferentes e vou trocando cada día porque logo en competición tamén xogamos con diferentes superficies".

Sobre o fútbol femenino e o Celta, admite: "Sería bonito que Vigo tivese equipo nunha categoría importante. Sería unha oportunidade para todas as nenas que xogan aquí e que queiran chegar ao máximo".

Coa crise da Covid-19 paralizando gran parte do deporte mundial, Carol González non sabe aínda que pasará no fútbol praia: "Descoñecemos se xogaremos Liga, Champions... O importante agora é prepararse, estar ben físicamente para setembro e agardar. A nivel do extranxeiro será complicado, pero non sabemos como estará a situación tralo verán". 

Cortes dos diferentes programas da RG