CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco 'Pangea' centrado nas músicas étnicas do mundo

29/09/2020 - 10:30 h

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco 'Pangea' centrado nas músicas étnicas do mundo

Este músico de Sarria comezou con 11 anos na banda municipal. Hoxe é constructor, multiinstrumentista, investigador e recuperador de instrumentos perdidos no tempo.

Na súa impresionante colección hai caracolas de Oceanía, frautas chinesas, unha frauta indíxena, unha gaita colombiana, unha Kawala exipcia de cana, unha Zurna e un Duduk armenios, un Shofar yemenita. Atesoura un Dord, unha trompeta irlandesa da idade de bronce e un Karnyx, trompeta celta duns 2.300 anos de antigüidade coroada cunha cabeza de xabarín (ambas construídas por el mesmo).