CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza a exposición fotográfica de Xoán Piñón na Coruña

13/01/2020 - 17:50 h

 

No espazo da colaboración de Rosario Sarmiento no Diario Cultural falamos da mostra do fotógrafo Xoán Piñón, no Kiosco Alfonso de A Coruña.
  
A mostra son imaxes que definen a traxectoria de Xoán Piñón durante máis de trinta anos. Son once series e 138 fotografías que abarcan cronoloxicamente desde 1977 ata o ano 2012. Aquí están representados os seus traballos para o cinema ou a moda. Tamén a súa visión do Courel, as súas homenaxes á arte galega, tamén as súas obras de estudo e esa visión tan persoal do seu mundo, da súa contorna case a modo de crónica dunha época.
Despois de rematar os estudos de Medicina en Santiago de Compostela e, tras deixar cinco anos de exercicio, deixa a profesión para dedicarse á fotografía profesional. A súa obra é plural, en canto a contidos e linguaxes. Amosa sempre unha ran inquietude pola experimentación. O medio natural, a paisaxe, a arquitectura e o ser humano forman parte dos temas sobre os que ten traballado, sempre cunha gran precisión técnica en canto á luz e a composición.