CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A sinfonía que Beethoven dedicou ao seu amigo e protector, o príncipe Lichnowsky

10/02/2020 - 10:49 h

Achegámonos hoxe de novo a Beethoven para coñecer un pouco máis sobre a súa Sinfonía nº 2, dedicada a un bo amigo e protector, o príncipe Lichnowsky, e que foi estreada o 5 de abril de 1803 no Theater an der Wien baixo a batuta do propio autor.

Eran tempos en que a xordeira xa era patente, o que levara a Beethoven a un estado de total angustia. Pero en lugar de reflectir este estado na súa música, decidiu loitar contra o destino tan poderoso escribindo unha sinfonía que desprende enerxía, beleza e vitalidade.

Escoitaremos esta obra coa Real Filharmonía de Galicia este xoves 13 en Santiago no Auditorio de Galicia, ás 20:30, o venres en Vigo no Teatro Afundación ás 20 h; e o sábado no Palacio da Ópera da Coruña tamén ás 20 h (ademais de Absolute Jest, de John Adams, co Cuarteto Quiroga de solistas, e de Masquerade, de Anna Clyne, que é estrea en España).

Tamén en Lugo poderemos gozar desta obra o sábado 15 ás 20 h no Círculo das Artes da man da Orquestra Sinfónica Vigo 430 dirixida por Rosanne Philippens, quen actuará ademais de solista de violín na outra obra que completa o programa, o Concerto para Violín e Orquestra en Re Maior, op.61, tamén de Beethoven, repetindo concerto en Vigo no Auditorio Martín Códax o domingo 16 ás 19 h.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí