Diario Cultural
Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock
Anticipámonos ao lanzamento de 'Liberar as arterias', o inminente disco de Sés, que a artista galega presenta en xira por cidades latinoamericanas, españolas e galegas.
Ademais, ofrecemos un aperitivo dos novos traballos de Green Day e O'Funk'illo, co baixista ferrolán Pepe Bao. Finalmente, lembramos a presenza en Ourense e na Coruña do grupo canadiano Bywater Call.