CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Lembramos a José Luis Cuerda, figura clave do cinema español das últimas décadas

04/02/2020 - 17:30 h

O cineasta José Luis Cuerda (Albacete, 1947) faleceu este martes en Madrid aos 72 anos de idade. Director, guionista e produtor, converteuse nunha das figuras máis relevantes das últimas décadas do cinema español.

É coñecido por A lingua das bolboretas (adaptación da novela de Manuel Rivas) ou por Amanece que no es poco -que xunto con Total e Así en el cielo como en la tierra inaugura a triloxía do surrealismo. Co seu O bosque animado (adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez) fíxose co Goya á mellor película en 1987. 

Lembramos a súa figura co actor Tamar Novas e co historiador cinematográfico Miguelanxo Fernández. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí