CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A importancia do mecenado na cultura con Fran Quiroga

04/02/2020 - 10:31 h

O mecenado é unha das capacidades da cidadanía na corresponsabilidade no deseño e creación de proxectos culturais, científicos ou sociais. Cómpre, daquela, atendelo e alentalo como ferramenta ao servizo do desenvolvemento económico, social, científico e cultural do país. Ademais de crer na cultura do mecenado, é preciso impulsar un espazo no que vehicular demandas sobre esta realidade, tanto no ámbito galego coma noutros territorios alén da nosa fronteira.

A xornada Cultura do Mecenado é un intento co que pensar que ecosistemas poderían ser os máis favorables para incrementar a cultura do mecenado.

Falamos co coordinador da xornada que celebra hoxe o Consello da Cultura Galega, Fran Quiroga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí