CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Museo do Mar de Vigo inaugura Plástika

03/12/2019 - 17:30 h

O Museo do Mar de Vigo inaugura a exposición Plástika, que reúne un grupo de artistas a través do certame que convoca a asociación Apóstrofe.

Este certame é unha cita importante no campo de creación contemporánea en Galicia. É unha mostra internacional, multidisciplinar de grande calidade artística e estética. Isto ofrece a oportunidade de apreciar o traballo dun importante número de creadores.

A mostra inaugúrase este vindeiro 6 de decembro e poderá visitarse de forma totalmente gratuíta ata o 11 de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí