CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Alfonso Espiño traenos as novidades no eido musical en Galicia

03/09/2020 - 10:53 h

Alfonso Espiño traenos as novidades no eido musical en Galicia. Belém Tajes estrea a súa proposta como solista con música de raíz con trazas de folclore latinoamericano: A Lourinda

O dúo de A Guarda Helem & Shanna, formado por Óscar Roal na voz e guitarra no papel de Helen, e Alberto Brandón na batería no papel de Shanna ofrecerá mañá un concerto no Centro Cultural de A Guarda. 

E falamos tamén dun lanzamento que pasou desapercibido durante o confinamento, de Bikini Wipeouts, proxecto liderado en solitario por King Jartur, o álter ego do toledano Arturo Mazarro: Surf, Sun, Sand and Fun.