CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

María Araújo: "Oxalá poida estar nos Xogos de Toquio"

23/09/2019 - 23:48 h

A viguesa María Araújo xogou onte Ao contraataque.

Tras xogar a temporada pasada en Polonia, Araujo retornou esta temporada a España ao asinar contrato no Xirona, actual campión da liga española, e esta pasado fin de semana acadaba o seu primeiro título co conxunto catalán tras alzarse coa Supercopa: "Estou moi contenta. é o meu primeiro título nun club. Tiven moitos minutos e foron minutos bos".

No horizonte están os Xogos Olímpicos de Toquio onde a xogadora galega ten opcións reais de participar, tras xa contar nas convocatorias de Lucas Mondelo nas últimas temporadas, pese a non entrar na lista final das grandes citas: "Son moi nova. Ogallá poida estar nos Xogos Olímpicos de Toquio. A ver se sae unha boa temporada e teño a oportunidade de loitar pos un posto".

A xogadora galega tamén desexou sorte aos seus ex equipos, Celta e Universitario de Ferrol, na súa loita por retornar a máxima competición do baloncesto nacional.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.