CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Tino Saqués: "Cando o club estea en venda, saberano antes os accionistas que os medios de comunicación"

23/12/2019 - 23:02 h

O presidente do Club Deportivo Lugo compareceu despois da Xunta Xeral de Accionistas e negou rotundamente que exista unha operación aberta para vender o club nas próximas semanas.

Saqués afirmou que "cando o club estea en venda, saberano antes os accionistas que os medios de comunicación".

Así mesmo, o presidente do equipo lucense emprazou á reunión que manterá o xoves co seu equipo de traballo para adoptar calquera medida na parcela deportiva.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.