CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Orest Lebedenko será o sustituto de Kravets no Lugo

22/01/2019 - 23:24 h

Club Deportivo Lugo presentou onte a súa última fichaxe, Orest Lebedenko, lateral esquerdo ucraíno que chega para sustituír o seu compatriota Vasyl Kravets, traspasado ao Leganés neste mesmo mercado.

O lateral, internacional sub 21 co seu país, asina ata xuño de 2023. En "Ao Contraataque" escoitamos o máis destacado da súa presentación e analizamos as súas características da man dos analistas Carlos Rosende e Peli Cantona.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.