CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Toni Martínez: "Desbotei ofertas de equipos de máis nome para vir a Lugo"

21/01/2019 - 23:29 h

Toni Martínez foi presentado onte pola mañá coma novo xogador de Club Deportivo Lugo e pola noite xa xogou "Ao Contraataque".

O dianteiro explicaba os motivos polos que se decidiu pola oferta lucense : "Tiña ofertas de equipo de máis nome que desbotei para vir a Lugo. Tras a chamada de Viqueira e Monteagudo tiña claro onde quería xogar".

O murciano chega en calidade de cedido ata final de temporada polo West Ham londinende e definiuse coma dianteiro: "Son un nove pero algo diferente. Gústame xogar fóra da área, de costas ... Consíderome bastante técnico pero o que máis me gusta é facer goles".

O novo xogador albivermello podería debutar 
este sábado no partido ante o Raio Majadahonda, curiosamente o equipo de procedencia do propio Toni Martínez.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.