CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Ander Cantero, despois da eliminación nos penaltis contra o Sestao: "Non houbo falta de actitude"

18/12/2019 - 23:08 h

Club Deportivo Lugo quedou eliminado onte da Copa do Rei ante o Sestao, equipo de Terceira División, tras empatar a un tanto e perder más quenda de penaltis.

Ao remate do partido, o porteiro, Ander Cantero, xogou 'Ao contraataque' e defendeu a actuación do seu equipo: "Sabiamos que isto podía pasar. Un campo difícil, con xogadores moi experimentados... O equipo remou ata o final, non se viron faltas de actititude. A xente está comprometida. Cremos no que facemos e así van chegar vitorias".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.