CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fernando Vidal: "A situación é límite. Non podemos perder o tempo"

17/12/2019 - 22:33 h

Onte 'Ao contraataque' viviu un programa especial por mor da Xunta Xeral de Accionistas do Deportivo.

Polémica e importante Xunta en que se confirmou a saída do actual Consello de Administración e a presentación da única alternativa na actualidade, a candidatura liderada por Fernando Vidal.

Un Fernando Vidal que atendeu os medios ao remate da Xunta: "A situación é límite. Non podemos perder o tempo. Evidentemente, en Segunda B, coa proposta de acordo con ABANCA, teriamos unha seguridade que non existiría doutra forma".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.