CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gerard Valentín: "Non penso a longo prazo, quero gozar do fútbol"

16/01/2019 - 23:32 h

Gerard Valentín foi presentado onte coma nova xogador de Club Deportivo Lugo, cedido polo Deportivo da Coruña, e pola noite xa xogou Ao contraataque.

O defensor catalán quere aproveitar a oportunidade que lle brinda o cadro albivermello: "Falei co adestrador, amosou interese e confianza en min. Teño que demostrar que merezo xogar".

O lateral chegou a temporada pasada o equipo deportivista pero a súa presenza sobre o terreo de xogo foi case testemuñal. Tras temporada e media con poucos minutos necesitaba sentirse xogador: "Non penso a longo prazo. Xa verei se volvo á Coruña. Quero gozar 
do fútbol", engadiu o novo xogador lucense.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.