CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jonathan Aspas, xogador do Piacenza: "O mellor é estar na casa, tranquilos, e saír para o imprescindible"

12/03/2020 - 23:20 h

O ex-xogador do Celta Jonathan Aspas, irmán de Iago, xoga en Piacenza ao fútbol a escasos quince kilómetros da zona cero do foco de Coronavirus en Italia.

Xogou onte Ao contraataque e explicou como están vivindo a crise no país transalpino: "Estamos ben, un pouco recluídos na casa. Pero é o decreto, é a lei, pero a mellor solución. A zona 0, que está a 15 minutos, leva dous días sen contaxios. A primeira medida foi illar o pobo. O mellor é estar na casa, tranquilos, e sair para o imprescindible".

O moañés considera que as medidas tomadas en Italia son necesarias e estritas: "Co decreto do Estado non se pode nin saír a pasear. Tes que ter un papel que indique que te moves por algo imprescindible. Non respectar as normar, as regras, pode implicar ir ao cárcere".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.