CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nilo Ramos: "Saímos desilusionados e descolocados da reunión. Non hai folla de ruta que seguir"

11/08/2020 - 23:19 h

A Federación Galega de Fútbol presentou onte as opcións abertas de cara levar a cabo a temporada nestes tempos do Covid. En Ao contraataque analizámolo co presidente do Compos Antonio Quinteiro e do Barco Nilo Ramos.

O máximo mandarario compostelán recoñeceu que a idea coa segunda B é comezar en outubro: "A Federación española está a expensas que CSD e sanidade elabore un protocolo para o deporte non profesional e a partir de aí teremos un mes, polo que falamos de comezar a mediados de outubro".

O presidente do Barco, Nilo Ramos, amosouse máis crítico co conversado na reunión: "É penoso que levemos seis meses sen competición é que non haxa unha folla de ruta clara de como actuar, protocolos e demais. Vai todo á deriva. Da reunión saímos desilusionados e descolocados".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.