CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Curro Torres: "Non me gusta xogar a porta pechada aínda que sexa en campo contrario"

10/03/2020 - 23:30 h

O adestrador do Lugo Curro Torres xogou onte “Ao Contraataque”.

O técnico albivermello valorou aa medida do goberno de xogar os dous próximos partidos ligueiros a porta pechada: “

A min non me gusta xogar a porta pechada aínda que sexa en campo contrario. Gústame sentir a afección aínda que sexa do rival, gústame vivir o ambiente. Agardemos que as persoas que teñen que tomar decisións as tomen con cabeza, nós simplemente teremos que ir acatando esas decisións para erradicar calquera tipo de problema”.

Sobre o nivel do equipo o preparador lucense expresou o seu optimismo cara o futuro: “Non nos podemos conformar co que estamos facendo e temos que seguir medrando, creo que aínda temos moita marxe de mellora. Agora somos un equipo moito máis equilibrado pero temos que ter fame para seguir mellorando”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.