CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fran Beltrán: "É certo que a afección nos axuda moito, bótase en falta, pero hai xente que o está pasando moi mal"

09/07/2020 - 23:08 h

O xogador do Celta Fran Beltrán xogou onte Ao contraataque e valorou as opcións de permanencia do conxunto vigués e o gol acadado ante o Atlético de Madrid:

Non fago moitas contas para a liga, sempre pode pasar algo que che obriga a volver a facelas. Temos que seguir sumando. Se chego a rematar ben, seguro que se vai fóra ou ma para o porteiro. A intención de golpear á porta era así, pero loxicamente provocar que saise así é case imposible. Ultimamente atópome máis cómodo á hora de chegar ao ataque. Teño que traballar en mellorar a definición, as chegadas. Nunca tiven tantas ocasións. Cando un xogador está no banco, sen xogar, é complicado ter a confianza que se precisa. Agora estou mellor que cando cheguei, máis maduro. Xogar sen público é a situación que temos que ter.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.