CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

María Pérez Pereira, futbolista viguesa en Italia: "O problema é que o contaxio é moi rápido e os hospitais están colapsados"

09/03/2020 - 23:30 h

A xogadora galega de fútbol sala María Pérez Pereira xogou Ao contraataque para analizar a medida tomada polo Goberno italiano de suspender por mor do coronavirus todas as competicións deportivas ata o día 3 de abril.

A futbolista viguesa do Pelletterie recoñeceu que a situación estase complicando nas últimas horas e que o que nun principio semellaba estar controlado agora xa non tanto.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.